Ir al contenido principal

VISITA DO ALUMNADO DA EEI CRISTO DA VICTORIA

 Ola amiguños e amiguiñas:

O pasado mércores recibimos ao alumnado de 6º de EI do Cristo da Victoria para ensinarlles o noso centro e tamén a moitos dos seus futuros compañeiros/as, xa que para o curso que vén formarán parte do noso centro.

Encantoulles a biblioteca, a nosa mascota Celio, o laboratorio, a aula de plástica, o pavillón,... Puideron ver a actuación do Día das Letras Galegas do alumnado de 1º B e por último... xogos e merenda! 

Tamén queremos agradecer o traballo das familias que prepararon a deliciosa merenda e os recibiron tan ben. Grazas!

Esperámolos para o vindeiro curso. 






Ata a próxima!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para este nadal

Velaquí os deixamos as recomendacións lectoras para este nadal.  Gozade las lecturas:

Nova revista: O papagaio

  Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!

Visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE

  No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins  2 - Aula de mobilidade  3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!