Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2025

Recomendacións lectoras para este nadal

Velaquí os deixamos as recomendacións lectoras para este nadal.  Gozade las lecturas:

Novidades lectoras

  Aquí vos deixamos coas últimas novidades lectoras que chegaron a nosa biblioteca. Gozade das lecturas!

3 D - Obradoiro

  No día de hoxe e para conmemorar o Día Internacional das Personas con Discapacidade, levouse a cabo un obradoiro na biblioteca. O alumnado estivo realizando marcapáxinas e sopas de letras.  O aforo estaba completo!  Bo traballo rapazada!

3 D - Recomendacións lectoras

  Hoxe día 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.  Velaquí vos deixamos as propostas lectoras que poderedes atopar na biblio. Boas lecturas!

25 N - Obradoiro de pulseiras

  Polo 25 N, Día Contra A Violencia de Xénero, levouse a cabo na nosa biblioteca un obradoiro de pulseiras. Aquí vos compartimos un pequeno resumo:

Obradoiros de Samaín

  Ao longo desta semana o alumnado puido desfrutar de tres obradoiros na biblioteca: - Os cazamonstros. Aproveitando que estamos a dar unha volta polo mundo tiveron que pescudar os nomes e lugares nos que viven grandes monstros do planeta. - O xogo de rol: Os lobishome de Castronegro - Sesión de cancións tenebrosas polo Samaín onde completaron e colorearon o famoso esqueleto Jack. Vos deixamos cun pequeno resumo dos mesmos:

Novidades lectoras (3º ciclo)

  Aquí vos compartimos as novidades lectoras para o alumnado de 5º e 6º EP. Nuns días estarán dispoñibles na biblioteca: Felices lecturas!

Obradoiro de xogos terroríficos

O pasado venres levouse a cabo un obradoiro de xogos temáticos polo Samaín.  Aquí vos compartimos un resumo dos xogos:

Obradoiros polo Samaín

  Ao longo desta semana anímate a vir á biblioteca durante os tempos de lecer. Haberá tres obradoiros terroríficos para desfrutar desta semana tan terrorífica.

Obradoiro de xogos terroríficos

  O próximo venres día 24 levarase a cabo un obradoiro de xogos terroríficos na biblioteca. Anímate a participar! Aforo limitado 

Recomendacións terroríficas polo Samaín

  Recomendacións terroríficas para este mes de Samaín na biblioteca. Xa podedes achegarvos e coller un libro temático. Saudiños

Presentación de benvida

Queridos rapaces e rapazas, Son Celio, o protagonista da nosa biblioteca. Quero compartir con todos e todas vós unhas cuestións que son moi importantes para manter unha boa organización e orde na biblio. Abride ben os ollos e prestade moitísima atención. Agárdovos na biblioteca!

BENVID@S A ESTE NOVO CURSO ESCOLAR 2025-2026

Benvidos e benvidas,  arrincamos este curso escolar 2025-2026 dende o blog da biblio e así mantervos informados das novidades e as actividades que se levan a cabo.. No próximo mes arrincaremos coas mochilas viaxeiras e os seus correspondentes caderniños viaxeiros. Aproveitamos para dar título e vida ao noso Proxecto Documental Integrado: E deixarvos cos horarios deste curso (se houbese modificacións volo iremos informando). A biblio estará aberta a partir do mes de outubro : Feliz inicio de curso e felices lecturas!

Nova revista: O papagaio

  Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!

Últimas novidades en xogos

  E antes de marchar de vacacións, vos deixamos cos últimos xogos de mesa recibidos. Xa podedes empregalos durante os recreos. Saudiños  

Recomendacións de XOGOS para o verán

  E as recomendacións dos xogos de mesa son: Gozade do tempo xogando!

Recomendacións lectoras VERÁN

  Durante o verán non deixedes de ler. Aquí vos deixamos unha lista de recomendacións: Gozade das lecturas! 😊

Contacontos con David Rodríguez

  No día de onte visitounos na nosa biblioteca o autor e ilustrador David Rodríguez, autor de Superavoa. Compartiu co alumnado de 4º e 5º de Primaria un obradoiro de ilustración de monstros. Aquí vos deixamos cun resumo das ilustracións e desta xornada: Moitas grazas, David!

Novidades da man de Cuarto de Inverno

  A editorial Cuarto de Inverno fainos chegar as súas últimas novidades: Os exemplares podedes atopalos na biblioteca. Son libriños en lingua galega.  - Lola Feroz: para os máis cativos 1º e 2º de EP. - Como escorrentar a un lobo: 5º- 6º EP - As mil vidas de Dorotea:    5º- 6º EP - Burbullas de calma serena:    5º- 6º EP Gozade das lecturas! 😉

Visítanos Pablo Carreiro

  O pasado martes visitounos na escola Pablo Carreiro, un escritor e ilustrador de varios libros como Xirarei ou Lola Feroz. O alumnado de 5º de EP puido desfrutar do seu obradoiro de creación de personaxes e emocións. Dende logo, temos uns verdadeiros artistas. Moitas grazas Pablo, pola túa visita e por inspirar a rapazada! 😀

Obradoiro: Letras Galegas a toda cor

Ao longo da semana das Letras Galegas, nenos e nenas do cole puideron achegarse á biblioteca durante os recreos para desfrutar dun obradoiro novo "Letras Galegas a toda cor". Tiñan que decorar uns debuxos das nosas marabillosas pandereteiras, que son as que neste ano adicamos esta conmemoración. Velaquí tendes o resultado do seu traballo: Bo traballo, rapazada! 😍

Visítanos Sabela Fernández Trelles

  O pasado día 9 visitounos na biblioteca Sabela Fernández, autora de "A miña avoa, a miña heroína". Presentounos o seu último libro e estivemos falando sobre él. Moitas grazas, Sabela! 😀

Obradoiro: Letras Galegas a toda cor

Na semana das Letras Galegas anímate a vir á biblioteca ao obradoiro: "Letras Galegas a toda cor".  Entre todos realizaremos uns cadros para conmemorar este día tan importante. Anímate a participar! 😉

Visítanos na biblio... Ledicia Costas

  No día de onte visitounos na biblioteca Ledicia Costas, autora de moitos libros. Veu presentar a súa última obra: Curriño. Moitas grazas pola túa visita

Apadriñamentos lectores no Día do Libro

No día de hoxe conmemoramos o Día do Libro realizando apadriñamentos lectores dos máis pequenos aos maiores no patio da escola. Foi unha xornada para perderse entre as páxinas e desfrutar da lectura. Vos deixamos un resumo:  

Timbre na escola

  O timbre na escola mudou. Agora temos bandas sonoras de películas baseadas en libros. Saberías identificar cal é cal? Acode a biblio e anímate a participar! Tes pistas 😏