Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2026

Visita de Jorge Campos

  Hoxe visitounos, Jorge Campos,  arquitecto e ilustrador galego, coñecido polo seu traballo como "Ilustratecto". É o autor do Capitán Lentella, libro que están a ler os máis cativos do cole. A xuntanza levouse a cabo na biblioteca., onde nenos e nenas fixeron preguntas sobre o mundo do cómic. Tamén gozaron moito cando Jorge debuxou os personaxes do seu libro. Antes de despedirnos, asinou os libros e como agasallo levou unha plantiña de lentellas!  Aquí vos deixamos cun resumo da xornada: Mil grazas, Jorge, por compartir con nós esta xornada tan especial!

Apadriñamento lector

  Para conmemorar o Día do Libro, levouse a cabo un apadriñamento lector, onde os maiores apadriñaban aos máis cativos. Visitounos o alumnado da EEI Cristo da Vitoria e puidemos desfrutar dunhas lecturiñas no patio.

CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO

  No día de hoxe conmemoramos o Día do Libro cun obradoiro de enigmas. Vos deixamos cun resumo: Grazas por asistir!

Novidades lectoras en lectura fácil

  Novidades lectoras para este terceiro trimestre en lectura fácil.  A lectura fácil destaca polas súas frases curtas, linguaxe sinxeña e un deseño claro. Xa dispoñibles na biblio!

Novidades xogos de mesa

  A biblioteca xa ten novas adquisicións.  Xa podes desfrutar dos novos xogos na nosa biblio:

Obradoiro: Titulares tolos

  A pasada semana, o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP puido conmemorar a Semana da Prensa cun obradoiro de "Titulares tolos" empregando recortes de xornais. Velaquí vos deixamos cun resumo da xornada.

Visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE

  No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins  2 - Aula de mobilidade  3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!

Recomendacións lectoras - 8 M

  Velaquí vos compartimos as recomendacións lectoras polo 8M: Xa dispoñibles na biblio!

Obradoiros: semana da prensa

 Velaquí vos compartimos os obradoiros que se levarán a cabo para conmemorar a semana da prensa: Agardámosvos!

Novidades: xogos de mesa

  Velaquí os deixamos as últimas novidades en xogos adquiridas pola biblioteca:

Recital con música en vivo polo Día de Rosalía

  Hoxe levamos a cabo na nosa biblioteca un recital con música en vivo para conmemorar o Día de Rosalía de Castro.. Foi unha xornada moi enriquecedora, recitaron, escoitaron e aprenderon versos de Rosalía.  Vos deixamos un videoresumo:

Descobre a maxia do ENTROIDO

  Para esta semana tan máxica e divertida, compartimos con vós unhas recomendacións de libros e unha presentación dos personaxes do Entroido Galego. Velaquí tendes a presentación: Bo entroido!

11 F - Recomendacións lectoras - Día da Muller e da Nena na Ciencia

  Aquí vos compartimos as recomendacións lectoras para conmemorar o 11 F, Día da Muller e da Nena na Ciencia.

RECITAL DE ROSALÍA DE CASTRO

  Para conmemorar o Día de Rosalía, levaremos a cabo un recital dos seus poemas na biblio con música en vivo e directo. Anímaste?

Do que foi ao que agora é: a nosa biblio moraima

Ao longo deste curso, fixéronse varios cambios para mellorar o espazo da biblioteca Moraima: eliminar mobles, colocar novos espazos e recunchos, modificar o lugar onde se atopaban os libros de consulta... Trans uns meses de cambios, velaquí vos amosamos o resultado final: Agardámosvos!