Hoxe visitounos, Jorge Campos, arquitecto e ilustrador galego, coñecido polo seu traballo como "Ilustratecto". É o autor do Capitán Lentella, libro que están a ler os máis cativos do cole. A xuntanza levouse a cabo na biblioteca., onde nenos e nenas fixeron preguntas sobre o mundo do cómic. Tamén gozaron moito cando Jorge debuxou os personaxes do seu libro. Antes de despedirnos, asinou os libros e como agasallo levou unha plantiña de lentellas! Aquí vos deixamos cun resumo da xornada: Mil grazas, Jorge, por compartir con nós esta xornada tan especial!