Ir al contenido principal

VISITA DE DAVID RODRÍGUEZ

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Este mércores 12 tivemos o pracer de recibir a visita de David Rodríguez: autor e deseñador gráfico da cidade de Vigo, que lles presentou ao alumnado de 1º e 2º a súa obra «Superavoa». Xunto a súa historia percatámonos de que todos nós temos ou tivemos unha "superavoa" ou "superavó" e da importancia que teñen nas nosas vidas. Rematamos a visita cunha alegre canción entre todos. Que ben o pasamos!

                            

Ata outra!





Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para este nadal

Velaquí os deixamos as recomendacións lectoras para este nadal.  Gozade las lecturas:

Nova revista: O papagaio

  Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!

Visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE

  No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins  2 - Aula de mobilidade  3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!