Ir al contenido principal

VISITA AO TEATRO

 Ola amiguiños e amiguiñas

Quería comentarvos que onte a rapazada de 3º fomos ao Concello de Vigo a ver teatro.

Gustounos moitísimo. Todos gozaron coas representacións, e aprenderon moito. 

Foron tres obras nas que todo o alumnado traballou un montón, notábase ben porque lles sairon fenomenal. 


Os centros que representaron as súas obras foron o CEIP de Belesar. A obra fainos pensar sobre o futuro do noso planeta, o cal hai que salvar, e o fan grazas a unha píldora que axuda a concienciarnos sobre a reciclaxe e o consumismo. Estes rapaces/as, ademais, tamén cantaban!

O CEE HC San Rafael no que se representaba, por medio de luces, a desgracia do Prestige na nosa comunidade, e coma os seres vivos acuáticos, escapan do desastre. Moi orixinal.

Por último o CEIP Carballal Cabral deleitounos cunha obra "medieval" na que o rei so pensa na fabricación de espadas para a loita. Menos mal que o pobo rebélase e terminan co mandato do monarca. Foi moi simpática. 

Ata pronto amiguiños/as!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para este nadal

Velaquí os deixamos as recomendacións lectoras para este nadal.  Gozade las lecturas:

Nova revista: O papagaio

  Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!

Visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE

  No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins  2 - Aula de mobilidade  3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!