Ir al contenido principal

OS MAIOS

 Ola amiguiños/as

Hoxe celebramos os maios no noso centro. Como o fixemos? Pois para empezar todos decidimos ir cun pantalón ou saia vaquera e unha prenda branca. 

Coa axuda da ANPA, decoramos os nosos maios e todos/as adornámolos cun montón de flores. Iso gustoulles moito a toda a rapazada. 

A última hora, saimos ao patio a cantar unhas coplas escritas polo alumnado de 5º, formando varias rodas arredor dos maios. Pasámolo xenial!


Para rematar, algúns pais e nais deleitáronnos tocando e cantando para todos/as. 

Foi un día moi florido!

Ata outra amiguiños/as!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para este nadal

Velaquí os deixamos as recomendacións lectoras para este nadal.  Gozade las lecturas:

Nova revista: O papagaio

  Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!

Visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE

  No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins  2 - Aula de mobilidade  3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!