Ir al contenido principal

PDI DO COLEXIO: SOSTIBILIDADE: ECOCELSOS EN ACCIÓN



A VOLTAS COA COMPOSTAXE

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º asistiu a unha charla organizada pola Deputación dentro do Programa Revitaliza sobre a compostaxe.
Con esta interesantísima actividade, ademais de reflexionar sobre problemas mediambientais moi importantes, aprendemos que:
O lixo supón un grave problema para o noso planeta.
Cada día, en Vigo, xeramos unha tonelada de residuos.
Case o 50% dos residuos producidos nunha casa pode convertirse en compost.
É vital reducir residuos. É necesario reutilizar. Reciclar é imprescindible, pero non suficiente.
REDUCE. REUTILIZA. RECICLA.
SOSTIBILIDADE: FAMILIAS EN ACCIÓN
Experiencias para un planeta sostible
A familia de Mar e Gael Varela Iglesias quixo sumarse ao noso proxecto e compartir coa comunidade educativa este fantástico vídeo no que nos contan as súas iniciativas para contribuír á sostibilidade medioambiental.

SOSTIBILIDADE: ECOCELSOS EN ACCIÓN
Brigadas verdes cos envases de reciclaxe
Seguimos avanzando no proxecto Sostibilidade: EcoCelsos en acción. Ecoembes entregounos 10 recipientes para a reciclaxe de papel, envases e plástico. As Brigadas verdes colocáronnas nas aulas correspondentes para o primeiro paso na reciclaxe. Agora esperamos que o Concello ou Deputación nos fagan entrega da composteira para a reciclaxe do material orgánico.
Seguimos adiante Reducindo, Reutilizando e Reciclando!

SOSTIBILIDADE: ECOCELSOS EN ACCIÓN

COP DO MEDIO AMBIENTE CON CRIS PEREIRO
O alumnado de 5º e 6º asistiu á súa primeira asemblea para o medio ambiente da man de Cristina Pereiro (profe de secundaria experta no medio natural) que nos explicou o impacto que estamos deixando no noso planeta co noso modo de vida e nos invitou a ter a nosa primeira COP (Conferencia das Partes, órgano supremo da Convención de Nacións Unidas para o Cambio Climático) á que asistiron algunhas persoas que seguro que coñeces!
Moitas grazas Cris por achegarnos o teu saber e compartir connosco esta experiencia tan interesante!!!
TRÍPTICO INFORMATIVO
O colexio elaborou un tríptico informativo, onde se recolle información e iniciativas para traballar a sostibilidade.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para este nadal

Velaquí os deixamos as recomendacións lectoras para este nadal.  Gozade las lecturas:

Nova revista: O papagaio

  Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!

Visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE

  No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins  2 - Aula de mobilidade  3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!