Ir al contenido principal
NAMORADOS DOS LIBROS

Ola amigos e amigas:
Dentro de poucos días vai ser o 14 de febreiro. Dende a biblioteca queremos celebrar con vós o día dos namorados, e para iso propoñémosvos que demostredes o voso amor pola biblioteca, pola lectura, por unha historia que vos namore, por algún personaxe que vos encante....
Cada un de vós terá un corazón onde plasmar o seus sentimentos. Podedes facelo en forma de carta, canción, poesía, refrán, trabalinguas… ou o que se vos ocorra.
Todos estes corazóns chearán a Biblioteca de amor durante toda a semana.

Un bico.  
Celio


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para este nadal

Velaquí os deixamos as recomendacións lectoras para este nadal.  Gozade las lecturas:

Visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE

  No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins  2 - Aula de mobilidade  3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!

Presentación de benvida

Queridos rapaces e rapazas, Son Celio, o protagonista da nosa biblioteca. Quero compartir con todos e todas vós unhas cuestións que son moi importantes para manter unha boa organización e orde na biblio. Abride ben os ollos e prestade moitísima atención. Agárdovos na biblioteca!