Ir al contenido principal
AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están aquí! Xa chegaron as mochilas viaxeiras ao noso cole! O noso querido Celio vai prestarnos desde agora ata o remate do curso unha mochila para cada aula. Esta mochila vaina levar un alumno ou alumna cada venres, e terá que devolvela o xoves da seguinte semana. Nela poderedes atopar unha variedade de libros de poesía, narrativa, terror, consulta e cómic, ademáis de un DVD dalgunha película moi interesante. Todo este material está destinado a ser compartido por todas as familias, e así favorecer o gusto pola lectura. Non esquezades que dentro da mochila también vai un caderno viaxeiro, onde podedes recoller as vosas impresións dos libros e deixar suxerencias sobre a actividade, os materiais, o que más vos gustou, ou incluso un debuxo. Lembrade eso sí, que tedes que ser puntais na devolución das mochilas, para que así todos os alumnos e alumnas poidan disfrutar de elas!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para este nadal

Velaquí os deixamos as recomendacións lectoras para este nadal.  Gozade las lecturas:

Nova revista: O papagaio

  Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!

Visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE

  No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins  2 - Aula de mobilidade  3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!