Ir al contenido principal

PASAPALABRA DO DÍA DA PAZ

 Ola amiguiños/as

Hoxe, 30 de xaneiro, é o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e no recreo da biblioteca Moraima fixemos un "Pasapalabra da Paz". Os rapaces/as que decidiron facelo, encantoulles. Queredes velo?

Mirade, mirade,...


Ademais, tamén podiamos ler calquera dos libros que expuxemos, todos relacionados coa PAZ. 
Tamén saímos ó patio e bailamos unha cantiga, todos colocadiños fixemos unhas letriñas, a ver se adiviñades que mensaxe queriamos transmitir...

Quería que vexades que fermosa quedou a nosa entrada, chea de pombas da paz e dos refráns que escribimos entre todos/as. Por certo, e eu aí no medio, e que favorecido estou eh?


Ata outra amiguiños/as!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para este nadal

Velaquí os deixamos as recomendacións lectoras para este nadal.  Gozade las lecturas:

Visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE

  No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins  2 - Aula de mobilidade  3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!

Presentación de benvida

Queridos rapaces e rapazas, Son Celio, o protagonista da nosa biblioteca. Quero compartir con todos e todas vós unhas cuestións que son moi importantes para manter unha boa organización e orde na biblio. Abride ben os ollos e prestade moitísima atención. Agárdovos na biblioteca!