Ir al contenido principal

E...MÁIS ACTUACIÓNS DE NADAL!

 Amiguiños e amiguiñas, seguen enviando cantigas e contos do Nadal, é fantástico!

Anais (5ºA) vai contar o conto "El hombre de jengibre". Moi ben Anais!


Alex Villanueva (5ºA) decidiu cantar unha panxoliña, e así o fixo... 


Brais (5ºA) tamén se animou a cantar, esta vez a popular panxoliña "Los peces en el río".



Daniela (5ºA) quixo compartir con nós unha curta intervención onde se escoita unha típica cantiga de nadal. Noraboa polo baile Daniela! 


Izan (5ºA) animouse a cantar "Navidad, dulce Navidad", escoitade qué ben o fai!



Lucía Varela (5ºA) deléitanos  co conto "Una Navidad ajetreada". Bo traballo!


De seguido, unhas actuacións moi animadas. Yaiza (1ºB) canta xunto a algúns membros da súa familia unha panxoliña. Pásanno moi ben, pero a muller do xersei vermello é a que máis se luce. Noraboa por esa voz tan estupenda! Encantoume!


Agora Javi, tío de Enzo (1ºB) deléitanos cunha cantiga típica de nadal. Menudo músico!


E seguimos con músicos. Enzo (5ºA) fainos unha demostración do ben que toca... Xenial!


Enzo (1ºB) e a súa irmá, comparten unha tradición que teñen na familia... Animádesvos? Velaí a tendes!

 
Agora Enzo (1ºB) anímase a acompañar ós seus avós Lola e Emilio mentres tocan a pandeireta ó son dunha fermosa panxoliña. Moi ben avoíños!


Nicolás (5ºA) narra o contiño de Rudolph... Estupendo!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para este nadal

Velaquí os deixamos as recomendacións lectoras para este nadal.  Gozade las lecturas:

Nova revista: O papagaio

  Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!

Visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE

  No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins  2 - Aula de mobilidade  3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!