Ir al contenido principal

ENCONTRO CON PEPE TABURELA

 

O alumnado de 4º nivel, tivo un encontro dixital o 14 de maio con Pere Tabaruela.

 

Pere Tobaruela naceu en Barcelona en 1965 e vive dende hai anos en Rois. É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. Con máis de corenta títulos publicados en varias editoriais, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, conto, novela... Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto. Xunto con Andrés Meixide, é coautor da serie Formig4s, que xa conta con cinco títulos:

 

Formig4s. Misión París, 2014

Formig4s. Misión Nova York, 2014

Formig4s. Misión Barcelona, 2015

Formig4s. Misión Tokyo, 2017

Formig4s. Misión Camiño de Santiago, 2019

Os alumnos de cuarto nivel lerón o último capítulo da serie Formigas, e están acabando de ler  a serie enteira. Así fixemos un montón de preguntas ao autor, que neste libros axuda a conmemorar o ano Santo, Xacobeo 2021.







 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para este nadal

Velaquí os deixamos as recomendacións lectoras para este nadal.  Gozade las lecturas:

Nova revista: O papagaio

  Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!

Visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE

  No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins  2 - Aula de mobilidade  3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!