Ir al contenido principal

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL

O día do libro programamos distintas actividades: primeiro, como todos os anos, baixamos a ler no patio co libro no proxecto lector; segundo, coloreamos un marcapáxinas coa mascota Celio, e escribimos unha cita célebre dun escritor animando a lectura; terceiro, demos a coñocer os “Haikus”, coa creación e a lectura, escribíndoos nun cubo poético.

 

 DÍA DO LIBRO 2021

Este curso as Xeografías Lectoras marcan o rumbo das nosas bibliotecas. As actividades e recursos que se promoven van trazando camiños que percorremos construíndo o noso espazo lector.

Nesta viaxe que nos convida a ler o mundo, chegamos ao mes de abril, un mes cheo de vida na  biblioteca Moraima, onde este curso afondamos cun taller de creación de xeometría de Haikus.

Neste mes, e todo o ano, non agardemos a que os libros peten na nosa porta, naveguemos por un mar de lecturas, compartindo  lecturas como este especial agasallo lector, do Día do libro, aportado polas Bibliotecas Escolares de Galicia.

 

“Ler é un agasallo sen cancelas. Ou unha alfaia para

levar prendida ollos a dentro, buligando polas tripas;

entre as dedas, un formigo. Unha corza a carreira

aberta da área de Broca á área de Wernicke. Esa

corza intrépida pola selva cerebral. Fulgurante.

Intacta. Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar

sen varandas. Sen dúbida, vén sendo algo así coma

unha hucha ou ichavo da fertuna. Ler. Unha

transmutación. O don de quen abriu a hucha e segue

un rastro de frangullas ou pedriñas. Pedriñas da

ventura. O don e a dádi va. Do saber, as frangullas. Ler

é de certo unha xiganta, o seu sorriso, a súa

gargallada, o seu pranto e a súa fascinación arbórea.

Unha area que non escorre entre os dedos, que fica aí,

acesa. Aí, prendida na gorxa, na glote, glogloglo…

mais non dá impo. Fica. No hemisferio esquerdo, nas

esferas enteiras, nas fascias. Felicísima. Unha hucha

de doas innumerábeis, aladas. Sen varandas nin

cancelas. Porta sen cadeado, xanela sen caravilla,

poxigo sen tarabela, eira sen zarrume. Dentro, nos

ollos. A corza que volve, de a cabalo da xiganta,

buligando, sen martabela que coute, a carreira

aberta. Diamantes e frangullas. Todo lle colle no papo.

Unha alfaia de agasallo. Glogloglo… Le.”

Elvira Ribeiro






 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para este nadal

Velaquí os deixamos as recomendacións lectoras para este nadal.  Gozade las lecturas:

Nova revista: O papagaio

  Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!

Visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE

  No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins  2 - Aula de mobilidade  3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!