Ir al contenido principal

A LECTURA EN GALICIA LEE


Este curso  desde a Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia, recomendamos que empreguedes  GaliciaLe”  da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Os usuarios da nosa biblioteca poden acceder facéndose socios dunha biblioteca pública e acceder aos contidos dende calquera dispositivo multimedia.

Tamén na web “El libro total” hai lecturas abertas de libros para todas as idades en castelán. 

El Libro Total, unha biblioteca en streaming con máis de 50.000 libros e audiolibros gratis.

O Libro Total é unha biblioteca en streaming especializada en obras clásicas en dominio público e obras contemporáneas autorizadas para a difusión sen fins de lucro. Ten máis de 50.000 títulos, entre os que destaca unha gran cantidade de libros infantís, contos, autores clásicos, novelas, poesía, teatro, audiolibros… Imos, unha infinidade de xéneros e temáticas para todos os gustos e públicos. A biblioteca especialízase en obras clásicas libres de dereitos de autor, isto permite que sexa completamente gratuíta, por tanto, se buscas contido contemporáneo, posiblemente non o atopes. O obxectivo principal desta biblioteca en streaming é a recuperación, conservación, divulgación e posta en valor do patrimonio cultural universal. Pódese acceder á súa colección de libros electrónicos e audiolibros de maneira gratuíta e sen necesidade de rexistro. Aínda que ben é certo que hai posibilidade de rexistrarse e crear un usuario para levar un control das lecturas realizadas, facer listas de favoritos, realizar notas persoais e seguir a lectura dun libro desde o punto que se deixou.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para este nadal

Velaquí os deixamos as recomendacións lectoras para este nadal.  Gozade las lecturas:

Nova revista: O papagaio

  Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!

Visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE

  No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins  2 - Aula de mobilidade  3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!