Lembramos que todos os anos o colexio enteiro lee o mesmo libro, como un "RETO LECTOR".
Este ano aumentou o "RETO LECTOR" con dous libros. En galego, un libro informativo "Os nosos bosques" e un segundo libro en castelán "La hija de Vergingé toux".
Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!
No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins 2 - Aula de mobilidade 3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!
Comentarios
Publicar un comentario