Dentro de actividade da TRADICIÓN ORAL GALEGA, os grupos de 4º nivel, interpretaron unha escolma de dez cancións aos alumnos de 1º nivel, no primeiro "VENRES EN GALEGO"
No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins 2 - Aula de mobilidade 3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!
Queridos rapaces e rapazas, Son Celio, o protagonista da nosa biblioteca. Quero compartir con todos e todas vós unhas cuestións que son moi importantes para manter unha boa organización e orde na biblio. Abride ben os ollos e prestade moitísima atención. Agárdovos na biblioteca!
Comentarios
Publicar un comentario