Ir al contenido principal
O DÍA DA PAZ

Este curso desde a biblioteca estamos a traballar a temática do día da paz con diferentes materiais según os ciclos.


+ No primeiro ciclo escollemos a preciosa historia de O Patiño Feo,  de Hans Christian Andersen, nunha adaptación para primeiros lectores do conto máis universal do creador da literatura infantil. Porque a beleza física só é un punto de vista...


+ No segundo ciclo traballamos co conto de Eduardo o neno máis terrible do mundo, de John Burningham,  un texto conmovedor e reflexivo para transmitirlles aos lectores unha lección de civismo, educación e sensibilidade. As peculiares trasnadas do protagonista vense cunha óptica benevolente, porque todos merecemos a oportunidade de corrixir os nosos defectos para ser mellores persoas.



+ No terceiro ciclo traballamos a figura do escritor Paulo Coelho, e descubrimos algúns dos seus contos.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para este nadal

Velaquí os deixamos as recomendacións lectoras para este nadal.  Gozade las lecturas:

Nova revista: O papagaio

  Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!

Visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE

  No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins  2 - Aula de mobilidade  3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!