Ir al contenido principal
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Como cada ano, dende o equipo da biblioteca organizamos o concurso de postais de Nadal. E como cada ano, resultou moi difícil elixir aos gañadores, porque temos un montón de pequenos artistas entre nós. Así e todo, tivemos que escoller un gañador en cada clase, e os seus traballos quedan recollidos no calendario que se entrega a todas as familias xunto coas notas do trimestre. Esperamos que o resultado sexa do voso agrado, e unha vez máis felicitamos aos gañadores.


Os gañadores son:

+ IRENE 1ºA                                          + ALEJANDRO M. 4ºA

+ CELESTE 1ºB                                    + NOEMÍ 4ºB

+ DALIA 2ºA                                           + ANA 5ºA

+ GAEL 2ºB                                            + DANIEL 5ºB

+ DÉBORA 3ºA                                      + WEINDDIE 6ºA

+ NAYRA 3ºB                                         + MARTA M. 6ºB



Aquí podedes ver o fermoso resultado final!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para este nadal

Velaquí os deixamos as recomendacións lectoras para este nadal.  Gozade las lecturas:

Nova revista: O papagaio

  Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!

Visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE

  No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins  2 - Aula de mobilidade  3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!