Ir al contenido principal
O LIBRO QUE CHE DEIXOU UNHA PEGADA

Para conmemorar o día internacional das Bibliotecas, que se celebrou o  22 de outubro, propuxemos unha interesante actividade:
Consistíu en que todos os alumnos debían pensar nunha lectura que deixara unha profunda pegada nos seus corazóns por ser emocionante, divertida, emotiva, intrigante … ou calquera outra razón.
Unha vez elixida, plasmaron a súa opción nunha cartolina con forma de pegada, seguindo as cores dos libros da biblioteca: rosa para o primeiro ciclo, verde para o segundo e amarelo para o terceiro. Nelas escribiron o título, a editorial e un pequeno resumo desa historia tan especial (os do 1º ciclo fixeron un debuxo en lugar do resumo da historia). Aquí tedes un exemplo de cada ciclo:


                          


Con todas elas, entre  todos os alumnos do cole, fixemos diferentes camiños que desembocan na  biblioteca. E neles podemos coñecer as historias que lles gustan aos nosos compañeiros e compañeiras. Aquí tedes unha mostra do aspecto que presentan os pasillos do cole:




Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para este nadal

Velaquí os deixamos as recomendacións lectoras para este nadal.  Gozade las lecturas:

Nova revista: O papagaio

  Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!

Visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE

  No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de EP acudiron ao CRE da ONCE situado en Pontevedra. Previamente, na escola, levouse a cabo un proxecto: Descubrindo o Braille. Unha vez no centro, o alumnado puido coñecer o seu traballo a través de diferentes dinámicas / obradoiros: 1 - Escritura Perkins  2 - Aula de mobilidade  3 - Produción Braille 4 - Material didáctico Foi unha xornada moi enriquecedora e intersante! Velaquí os amosamos un resumo: Moitas grazas ao CRE da ONCE por abrirnos as portas a estas xornadas tan especiais!